martes, 20 de febrero de 2024

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

 No segundo trimestre lemos os seguintes libros:

Novela grupo 1: O que sei do silencio. Andrea Maceiras.

Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Novela grupo 2: Cartas a Leonor. Rosa Huertas.

Lola ten quince anos, moitas ganas de comerse o mundo e poucas de aguantar á súa familia.
Pero a pandemia pon a súa vida do revés… Da noite para a mañá, a súa avoa trasládase a vivir á súa casa e Lola pasa moitas tardes con ela; ao principio, sen ganas. A avoa comezou a esquecer e non quere que o seu gran e secreta historia de amor caia no esquecemento. Por iso, cada día cóntalle a Lola os recordos da súa vida, para que con ela a súa historia continúe viva. E Lola descobre moitas cousas da súa avoa, como a súa fascinación por Campos de Castela, de Antonio Machado.

Novela grupo 3: La reina roja. Juan Gómez Jurado.


Non é policía nin criminalista. Nunca empuñou un arma nin levado placa e, sen embargo, resolveu decenas de crimes. Pero hai un tempo que Antonia non sae do seu ático de Lavapiés. As cousas que perdeu impórtanlle moito máis que as que a esperan fóra. Tampouco recibe visitas. Por iso, non lle gusta nada cando escoita uns pasos descoñecidos subindo as escaleiras ata o último piso. Sexa quen sexa, Antonia está segura de que veñen a buscala. E iso lle gusta aínda menos.

Novela grupo 4 (3º PDC): A lebre mecánica. Ledicia Costas.


As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.

Literatura feminista 1: Rebeca. Daphne Du Maurier.

Maxim de Winter, viúvo recente, coñece en Montecarlo unha muller máis nova ca el coa que casa. Despois da lúa de mel, regresan á mansión dos Winter, Manderley. Pero a sombra de Rebeca, primeira muller de Maxim, e a presenza do ama de chaves da casa (a señora Danvers) non permite que o matrimonio sexa feliz.

Literatura feminista 2: Maldito amor. Marta Rivera de la Cruz e Carmen Loureiro.

O noso corazón é máis complexo do que pensamos. Maldito amor son dez relatos de amor que se centran, cada un deles, nun aspecto relevante das relacións sentimentais e as emocións amorosas: ciumes, enamoramento, infidelidade, dependencia, incomunicación, desamor, compromiso, ruptura, pasión... Cada relato vai acompañado dunha análise feita por un especialista en intelixencia emocional.

Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.

Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.


Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.


jueves, 21 de diciembre de 2023

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Hoxe entregamos os premios do concurso de postais convocado pola Biblioteca. Das catro gañadoras, dúas son participantes do Club de Lectura de Manga. Aquí posan coas súas creacións.
Sandra e Alma de 2º ESO B

PARABÉNS!

lunes, 18 de diciembre de 2023

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:

Novela grupo 1, 2: A curva da pantasma. Fran Alonso.
As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misterio como motor da narración. A través delas, aborda temas como o consumo de alcohol, o machismo, os incendios forestais, o acoso escolar, a verdade e a mentira, as relacións na adolescencia, as redes sociais, a diferenza, a exclusión, a posverdade ou o propio papel da literatura.

Novela grupo 3: A lebre mecánica. Ledicia Costas.
As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.

Novela grupo 4 (3º PDC): El sueño de Berlín. Ana Alonso e Javier Pelegrín.
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpetu, pero tamén con descoñecemento,  a animará a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar en Berlín a cabeza de Nefertiti. Por outro lado, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as rapazas da súa idade, mentras que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.Unha novela de superación persoal escrita con honestidade, que chegará ao corazón dos lectores.

Literatura feminista 2: A cabeza de Medusa. Marilar Aleixandre.

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido.

Literatura feminista 1: Maldito amor. Marta Rivera de la Cruz e Carmen Loureiro.

O noso corazón é máis complexo do que pensamos. Maldito amor son dez relatos de amor que se centran, cada un deles, nun aspecto relevante das relacións sentimentais e as emocións amorosas: ciumes, enamoramento, infidelidade, dependencia, incomunicación, desamor, compromiso, ruptura, pasión... Cada relato vai acompañado dunha análise feita por un especialista en intelixencia emocional.

Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.
Continúan coa serie que comezaron no último trimestre do curso pasado.

Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.
Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.

lunes, 13 de noviembre de 2023

CONCURSO CONTACONTOS SAMAÍN

O 31 de outubro no recreo tivemos o concurso de Contacontos do Samaín. O alumnado participante contou as súas historias e os mellores acadaron premios como unha subscrición a Spotify e un vale para a cafetería.

O venres 10 de novembro, durante a celebración do Magosto, entregamos os premios aos gañadores.
Laura carballo de 2º ESO do club de novela 1
Sandra Sotelino de 2º de ESO do club de manga 2
Laura Álvarez de 1º BACH do club de manga 3


NORABOA A TODO O ALUMNADO AGRACIADO!

lunes, 23 de octubre de 2023

A CURVA DA PANTASMA

O alumnado do Club de Lectura de Novela reúnese para comentar o libro: "A curva da pantasma"



domingo, 1 de octubre de 2023

28 DE SETEMBRO. INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA

O xoves 28 de setembro inauguramos o Club de Lectura coa participación de todo o alumnado que vai asistir aos distintos grupos que temos organizado. A partir da próxima semana comezamos as reunións. 


             Benvidos a todos!


miércoles, 13 de septiembre de 2023

CLUB DE LECTURA 2023-24

O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou  un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do Club comunicáronse coa coordinadora para escoller o seu xénero favorito. Este ano organizamos os seguintes grupos: teatro, novela, poesía, cómic manga e literatura feminista. Continuamos cun grupo de PDC e os dous de FPB despois do éxito dos cursos anteriores.



domingo, 18 de junio de 2023

SAÍDA AO CINE

O venres 16 de xuño o alumnado do Club de Lectura asistiu a unha sesión matinal de cine. A película escollida foi: Spiderman. Cruzando el multiverso.


Pola tarde o alumnado visitou dúas tendas de cómic e unha librería para mercar algúns títulos do seu agrado.

miércoles, 31 de mayo de 2023

VISITA PILAR ORTEGA

Onte visitou a nosa Biblioteca a escritora Pilar Ortega, autora do libro "O segredo de Al'eume". O alumnado do Club de Lectura de novela 1 leu esta obra no terceiro trimestre.

A autora, profesora de tecnoloxía dun instituto de Vigo, respondeu as preguntas dos nosos rapaces e rapazas e explicounos como compaxina a súas dúas vocacións, que a priori parecen tan dispares: a tecnoloxia e a escritura.

Ao final da sesión recibiu un agasallo pola súa asistencia.


sábado, 20 de mayo de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O martes 16 de maio conmemoramos no noso Centro o Día das Letras Galegas cun acto que comezou coa lectura da biografía do escritor Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano, por un alumno de 1º de ESO. 

Despois o alumnado, do Club de Lectura de Manga e Feminismo, de 3º de ESO leu varios poemas das 5 mulleres homenaxeadas no día das letras, reclamando máis presenza de escritoras galardoadas con este recoñecemento. Ademais o alumnado de 1º de ESO fixo uns carteis coa biografía e as obras máis destacadas destas escritoras e os sostiveron durante a celebración. Catro destas 5 rapazas pertencen ao Club de Lectura de Manga.
Por último 3 alumnas e un alumno de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, pertencentes ao Club de Lectura de poesía e manga, interpretaron o himno galego. 

domingo, 14 de mayo de 2023

CHARLA COLOQUIO MANUEL NÚÑEZ SINGALA

O xoves 11 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla co escritor Manuel Núñez Singala, gañador do premio dos clubs de lectura deste ano.


O alumnado do Club de Lectura de novela 2 leu, no terceiro trimestre, a obra Menú de enganos
O alumnado de 2º PMAR e FPB1 leron, no Club de Lectura, a obra de teatro Atranco no banco.

sábado, 13 de mayo de 2023

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: Antoloxía de textos teatrais. Varios autores.

Novela grupo 1: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.
Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?

Novela grupo 2: Menú de enganos. Manuel Núñez Singala.

Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor.

Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta.

Este libro contén varios contos

Literatura feminista: O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz.
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián. todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. 

Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.

Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.


Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.

Poesía. Antoloxía de poemas de Pablo Neruda.
Veinte poemas de amor e unha canción desesperada é unha das máis célebres obras do poeta chileno Pablo Neruda. Publicado en xuño de 1924, o poemario lanzou a fama ao autor con apenas 19 anos e é unha das obras literarias máis importantes do século XX en español.

Literatura 2º PMAR. Atranco no banco.  de Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Literatura FPB1Lecturas de textos de varios autores.