jueves, 18 de abril de 2013

Jonas Fink (Vittorio Giardino)



Jonas Fink é a historia dun rapaz checoslovaco na Praga dos anos 50 ocupada polos comunistas. A historia iníciase cando Arthur Fink, o pai de Jonas, é apresado por contrarrevolucionario e o seu entorno familiar vese burtalmente golpeado. A partirres de entonces, o protagonistas debe iniciar unha rápida transición para abandoar a súa infancia e enfrentarse a unha dura realidade vital que non lle porá as cousas doadas e que ademáis terá que superar a cruel discriminación que él e a súa nai reciben por parte das autoridades comunistas.



Jonas Fink está dividida en tres partes 1/ La infancia, 2/La adolescencia e 3/ La juventud . En cada unha de eles vemos como o seu protagonista vai madurando e crecendo ante a adversidad dun país do bloque comunista nun contexto de Guerra Fría. Jonas Fink terá que loitar por conseguir un traballjo digno nun réxime represivo, pero tamén descubrirá uns ollos azuis que transformarán a sua adolescencia. 





Para os que non coñezan a Vittorio Giardino encontrarán un  autor de tintes clásicos, cun estilo que entra dentro do que se denomina "línea clara", cunha excepcional cualidad para describir o cotidiano sen que resulte monótono, senon máis bien ao contrario, pois entre as suas viñetas vemos discurrir o tempo de xeito fluido deslizándose, asi como Jonas Fink madura e descubre, cada vez con ollos menos inocentes, en qué consiste vivir.
Unha delicia de obra.








Dirixido a: os que querades disfrutar dunha fermosa historia de formación nun ambiente hostil na que sempre quedan momentos para disfrutar do amor e da esperanza. Para aprender a vivir. Ademais, por suposto, de coñecer cómo era a vida nun país do Pacto de Varsovia a partires dos anos 50. 

Se te gustou, proba con Persépole de Marianne Satrapi ou Marzi, de Sylvain Savoia e Marzena Sowa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario